Con motivo da celebración das Letras Galegas, este 16 de maio celebramos o festival onde os nenos de 3º e 4º mediante un brincaletras e os de 5º e 6º cun pasa-palabra puxeron de manifesto todo o que saben do homenaxeado Antonio Fraguas Fraguas.
Seguindo os pasos de Antonio Fraguas nós tamén estudamos o «traxe galego» mailas «festas populares» e para concluir este estudo fixemos un desfile «Pasarela a Ponte» onde o noso alumnado desfilou amosando as mellores galas mentres que o alumnado de 1º de primaria ía explicando cada unha das partes que compoñen a nosa vestimenta rexional.
Contamos no desfile tamén cun boteiro, porque Antonio Fraguas tamén fixo un estudo do Entroido; o noso boteiro desfilou cun traxe espectacular facendo soar as chocas para delicia de tod@s.
Na entrega de premios do Certame literario houbo premios nas modalidades de conto, poesía e banda deseñada.
Tamén gozamos con actuacións musicais pero este ano tivemos unha moi especial na que Manuel da aula de autismo, nos deleitou coa canción da formiguiña seguindo á súa mestra de AL que resultou emocionada polo bo resultado obtido.
Tivemos representación teatral, unha adaptación da obra «A consulta do doutor» coa que nos esmendrellamos coa risa.
No exterior tivemos os xogos tradicionais e a montaxe dos crebacabezas xigantes, rematamos un pouco precipitadamente cantando «Rosalía pequeniña» porque a choiva presentouse antes do que debía.
Por se queredes practicar co pasapalabras aquí tedes o enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipaponte/node/834
e estoutro é do brincaletras. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipaponte/aulavirtual2/pluginfile.php/4692/mod_resource/content/6/antonioff/brincaletraslg19.html
Tamén podedes atopar na web do centro, apartado de Normalización a imaxe interactiva do noso traxe tradicional.

cof

cof

rpt

oznor

cof

ptr

cof