O Concurso


Escola de Prensa é un proxecto do Grupo El Progreso dirixido a fomentar o coñecemento da prensa e dos medios de comunicación entre os escolares de terceiro ciclo de Primaria e dos catro cursos de Eso dos colexios e institutos da provincia de Lugo. Os centros que se sumen ao proxecto elaborarán durante o curso un xornal de 32 páxinas, coas ferramentas que lles facilitará El Progreso, no que poderán incluír tanto reportaxes e noticias do seu colexio como traballos xornalísticos que elaboren os seus alumnos. O prazo de inscrición finaliza o 31 de outubro e a presentación dos traballos realizarase antes do 16 de maio. Un xurado valorará a calidade, o deseño e a orixinalidade dos xornais dos escolares e outorgará varios premios.