TREITO FINAL NO PROXECTO ESCOLA DE PRENSA EL PROGRESO

Grupo Maruxía – IES PERDOURO (BURELA)

Durante estas últimas semanas dedicamos varias xornadas a ultimar a maquetación do noso xornal. O equipo Maruxía, formado por Zaira, Laura, Andrea, Damaris, Yaiza e liderado por Miruca Parga, rematou o seu traballo.

Foron moitas as noticias cubertas, as entrevistas feitas, as reportaxes de interese e tamén moitas as tardes de maquetación, pero sempre traballando con moita motivación.

Para nós, foi unha experiencia realmente enriquecedora. Estamos desexando que vexades o noso traballo.