Foron moitas as acticidades realizadas dentro e fóra do centro para sensibilizar e denunciar a violencia de xénero, todo o alumnado e profesorado do IES de Becerreá implicouse na loita contra a violencia machista.

Os actos comenzaron o pasado 23 de novembro cando o alumnado de 1º de BAC e 1º da ESO, acudiu á Casa da Cultura do Concello de Becerreá, para proceder á lectura do Manifesto, e realizar un pequeno Recital a cargo destes mesmos alumn@s, O Tenete de Alcalde Claudio Vázquez e Noemí López Corredoira, encargada dos Servicios Sociais do Concello conduciron o acto, no que tamén participaron alumnado do CEIP de Becerreá e o grupo musical » Son de Cores».

O luns 26 de novembro comenzaron os actos no centro, na hora de lecer da mañá tivo lugar un Concerto a cargo do alumnado de Música de 1º de BAC e 1º da ESO, esta actuación estivo apoiada por lingua de signos, interpretada polo alumnado de 2º da ESO.
Unha Marcha Solidaria non competitiva, foi a derradeira actividade deste día, organizada polo Departamento de Educación Física e coa colaboración do Concello de Becerreá, ao remate do percorrido, e chegada á Casa do Concello de Becerreá, Samara, Alumna de 1º de BAC, en compañía do Alcalde da vila, e do Teniente de Alcale, e todos nós, leu un texto e gardamos un minuto de silencio. Xa de volta ao centro penduramos todos os dorsais da Marcha Solidaria no corredor de entrada do centro.

Dende o IES de Becerreá queremos reiterar o noso compromiso para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres, amosando, ademais, o noso firme rexeitamento de quen as exerce e da complicidade de quen as silencia.