En negro contra a violencia de xénero

O venres 24 de novembro celebrouse no IES Perdouro de Burela o día contra a violencia de xénero. Ese día fomos vestidas e vestidos de cor negra ás clases para manifestarnos en contra deste tipo de violencia.
Cando chegou a hora, unha compañeira de 2º de bacharelato, Leticia de Pedro, comezou o acto lendo un manifesto titulado “Carta a mamá”, que narraba a historia dunha irmá, dunha muller, que xa esta farta disto. Mentres que nos lía o texto con emoción, comezaron a caer gotas do ceo como se fosen bágoas, pero non impediron que ela acabase de ler, nin tampouco que o alumnado que participaba na actividade entoara a letra da canción “Son muller”, composta por unhas rapazas que se fan coñecer como Máis boas que cás patacas e que estudan no IES de Cacheiras. Trátase dun canto a favor da liberdade da muller, do seu dereito a decidir sobre a súa vida e de facelo sen trabas, sen límites.
Entre todos, tentamos xuntar as nosas cartolinas moradas coa letra da canción para facer un gran lazo e visibilizar a nosa posición en contra da violencia e o noso apoio a todas as mulleres.

Y