Os alumnos de 1º ESO do noso colexio, o María Auxiliadora de Lugo, e os de Divina Pastora, festexamos o pasado venres as I Olimpiadas de Xeografía e Historia.
A xornada arrincou co saúdo da nosa directora e coa presentación dos grupos cooperativos de ambos centros salesianos: vinte equipos en total. A primeira proba académica consistiu en localizar 62 elementos xeográficos nun mapa mudo do mundo. Na segunda proba tivemos que ubicar nun mapa político mudo os 132 países nos que a familia salesiana está presente. A terceira e última proba foi oral. Despois de preparar entre os membros do equipo un discurso sobre contidos de xeografía, os portavoces de cada equipo sairon ao escenario a defendelo. Tiñamos 90 segundos (controlados por un cronómetro) por equipo para explicar os nosos argumentos.
Tivemos un tempo de convivencia no patio. O día rematou coa entrega de premios aos alumnos que tiveron os mellores resultados.
Os nosos profesores de Xeografía e Historia de 1º de ESO, Alejandra e Pablo, prepararon as Olimpiadas para impulsar a nosa aprendizaxe na materia.