Na antesala do Día das Letras Galegas, o Colexio Maristas “A Inmaculada” celebrou a gran festa da Cultura Galega. Todos os alumnos do colexio, guiados polo alumnado de 4º de E.S.O., visitaron exposicións de obxectos cotiáns, oficios, traxes tradicionais e instrumentos propios de Galicia, aportados por membros da comunidade educativa. A elaboración dos maios ocupou outra parte do tempo de lecer da xornada. Tres maios cheos de xestas, fentos e flores cos que se quixo despedir ao inverno e dar a benvida á primavera bailando e cantando O xogo da carrasquiña. Outro espazo estaba ocupado polos xogos tradicionais que aportou a Asociación Xotramu e os máis pequenos puideron gozar da música popular galega de mans das pandereteiras do Espazo +60 de Afundación. A música e o baile tamén correron a cargo de alumnos de Secundaria que bailaron unha muiñeira e interpretaron a cantiga popular A chiviña, con tanta ilusión que ata se atreveron a facer un pequeno obradoiro de baile para todos os grupos. Foron moitas as familias que se achegaron a compartir esta xornada tan especial. O día rematou nas aulas coñecendo algo máis ao homenaxeado nas Letras Galegas 2019. Os grupos da ESO fixeron este traballo apoiados no material ofrecido pola Deputación de Lugo Antonio Fraguas, unha epopea vital.