Os alumnos de 1º da ESO do noso colexio visitaron o centro San Vicente de Paúl o luns 4 de decembro.
Á súa chegada ao centro foron recibidos polos usuarios con mostra de agarimo e emoción. Despois dunha breve presentación, e tras dividirse en varios grupos, comezaron a realizar talleres cos usuarios do centro, quen estaban desexosos de mostrar aos visitantes as súas habilidades. Os alumnos participaron nos talleres de elaboración das candeas, dos xabóns, aprenderon a montar caixas e axudaron a preparar adornos de Nadal. Durante a pausa para a merenda, compartiron cos usuarios as instalacións do comedor e pasaron un rato moi agradable. Unha vez finalizado o percorrido polos diferentes talleres, os visitantes dividíronse de novo, uns saíron ao patio a compartir un tempo de ocio no que xogaron ao baloncesto e ao fútbol, mentres que outros preferiron quedarse dentro para xogar a xogos de mesa, bailar ou escoitar música. Ao finalizar tiveron un tempo para mercar xabóns, candeas e cerámica das que elaboraron os usuarios durante a súa xornada de traballo. Despois de compartir a xornada cos rapaces e rapazas de San Vicente de Paúl, os alumnos marcharon ao centro moi contentos e satisfeitos máis con pena por terse que ir e desexando repetir a experiencia.
Tamén en decembro, os rapaces de San Vicente de Paúl visitarán o colexio, invitados polos alumnos de 4º de ESO. Como é tempo de Nadal, recibirannos cunha panxoliña. Logo compartirán unha xornada na que haberá xogos, bailes e unha pequena merenda.
A luz das candeas estará tamén nos fogares das familias do colexio este Nadal, pois esta semana repartirase unha candea a cada alumno do centro, na campaña denominada Luz do Sur. Esta campaña ten unha dobre finalidade, recadar fondos para a ONG Marista SED e facer presente aos fogares apremados pola fame, a guerra e a inxustiza. Prender esta candea na Noiteboa é soñar cun mundo mellor.
Artigo elaborado por Carlota Valado e Carolina Zapico, alumnas de 1º ESO B