Poema disparate
O día da arbore imos gozar
e nun tellado imos cantar,
un bidueiro imos plantar
e na súa copa imos bailar.
Gustaríanos poder saltar
ata un camión poder alcanzar,
e así poder escapar
e de viaxe poder marchar.
O día da auga non imos aforrar
e a auga imos malgastar
pero despois o imos pensar
e imos a recapacitar.